Fagor FFK1700X User Manual
Page 58

g a l e g o
56
6
Medio ambiente
Este frigorífi co foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Este aparato funciona con refrixerante R600A,
que non deteriora o medio ambiente.
Respecta o medio ambiente.Utiliza as
temperaturas recomendadas para cada recinto
segundo a función que necesites para conseguir
un uso efi ciente do teu frigorífi co.
Desconecta o refrixerador ou activa a función
vacacións para períodos prolongados de tempo
nos que non vaias a facer uso do aparato.
Reducira-lo consumo e aforrarás enerxía.
Evita mantene-las portas abertas durante máis
tempo do necesario, xa que supón un aumento
do custo enerxético.
• Non uses dispositivos mecánicos ou
outros medios para acelera-lo proceso de
desconxelación distintos dos recomendados
polo fabricante.
• Este aparato non está destinado a ser
usado por persoas (incluídos nenos) cuxas
capacidades físicas, sensoriais ou mentais
estean reducidas ou carezan de experiencia ou
coñecemento, agás se tiveron supervisión ou
instrucións relativas ó uso do aparato por unha
persoa responsable da súa seguridade. Os
nenos deberán ser supervisados para asegurar
que non xogan co aparato.
• Se o cable de alimentación está danado, debe
ser substituído polo fabricante ou polo seu
servizo postvenda ou persoal similar cualifi cado
co fi n de evitar un perigo.
• A utilización deste aparato previuse para
aplicacións domesticas e similares tales como:
– áreas de cociña de persoal en tendas,
ofi cinas e outros contornos laborais;
– aloxamentos rurais e por clientes en
hoteis, moteis e outros contornos de tipo
residencial;
– contornos de tipo aloxamento e almorzo;
– servizos de restauración e aplicacións non
detallistas similares.
Non almacene substancias explosivas tales
como botes de aerosol con propelente
infl amable neste aparato.
Xestión de residuos de aparatos eléctricos e
electrónicos.
O símbolo
indica que o aparato non se debe
eliminar utilizando os contedores tradicionais para
residuos domésticos.
Entrega o teu frigorífi co nun centro especial de
recollida.
O reciclado de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde e o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou co establecemento onde
adquiriche-lo frigorífi co.