Fagor FFK1700X User Manual
Page 57
g a l e g o
55
3
Mantemento e
limpeza
3.1 Limpeza interior. Utiliza unha esponxa ou
baeta empapada en auga con bicarbonato
ó limpa-lo interior para evita-la formación de
olores.
En ningún caso, utilices máquinas de
limpeza de vapor, disolventes ou deterxentes
abrasivos.
3.2 Limpeza exterior. Non uses máquinas
de limpeza de vapor para a limpeza das
pantallas.
É recomendable limpa-la reixa traseira unha
vez ó ano cunha aspiradora.
3.3 Limpeza dos accesorios. Non son aptos
para lavalouzas. Límpaos a man con axuda
dunha esponxa ou baeta.
3.4 Cambio de lámpada. No caso de que se
funda a lámpada: Desconecta o frigorífi co.
Retira a cuberta premendo a pestana (3.4.1)
e extrae a lámpada estragada (3.4.2).
Substitúea por outra do mesmo tipo de
rosca, E14, 220-240V, 15/25W ou segundo
a indicación de luminaria.
3.5 Cambio de fi ltro de carbono. O frigorífi co
pode incorporar un fi ltro de carbono que
absorbe os olores estraños de certos
alimentos e retén os microorganismos
(fungos e bacterias) do aire en circulación.
O fi ltro mantén as súas propiedades durante
un tempo limitado de 6 meses. Pasado este
tempo, recoméndase cambialo por un novo.
A súa situación varía en función do modelo.
Para activa-lo fi ltro: Preme a pestana e retira
a cuberta para acceder ó fi ltro (3.5.1). Separa
o fi ltro esgotado da tapa (3.5.2). Retira os
precintos do fi ltro novo (3.5.3).
Prema o visor BIOFILTER ata escoitar un
leve estalo (3.5.4) e, en poucos segundos, a
escala de duración empezarase a colorear.
Coloca o fi ltro na súa situación orixinal.
4
Diagnósticos
4.1 Porta aberta. Se te-la porta aberta máis
de 1 minutos, acéndese o sinal
, soa
unha alarma e apágase a luz do refrixerador
(4.1.1, 4.1.2). A alarma desconéctase ó
pecha-la porta.
4.2 Corte de subministro eléctrico.
Abre a porta do frigorífi co o menos posible.
4.3 Ruídos normais no frigorífi co.
O teu frigorífi co pode emitir unha serie de
ruídos que son normais no funcionamento e
polos cales non te debes preocupar.
• O gas refrixerante pode producir un
burbulleo ó circular polos circuítos.
• O compresor pode producir zunidos e/ou
un lixeiro golpeteo, sobre todo cando se
pon en marcha.
• As dilatacións ou contraccións dos
materiais utilizados poden producir estalos
ou estralos.
• O aire que move o ventilador do
conxelador pode xerar un pequeno ruído
de fondo.
Non manipúle-lo frigorífi co para intentar
reparalo. Chama ó servizo de asistencia
técnica.
Manten os fi ltros esgotados e os
recambios fóra do alcance dos nenos;
inxerilo en grandes cantidades pode ser
perigoso.
Non mólle-lo fi ltro, xa que perde tódalas
súas propiedades.
5
Seguridade
• Mantén despexadas as reixas de ventilación.
• Ten precaución de non dana-lo circuíto de
refrixeración.
• Non utilices aparatos eléctricos no interior
do frigorífi co, a non ser que sexan do tipo
recomendado polo fabricante.
• Non ábra-las portas máis tempo do
necesario. Así, conseguirás un uso máis
efi ciente do teu frigorífi co e evitara-lo
aumento no consumo de enerxía.
• Almacena os alimentos en recipientes
herméticos para evitar que os alimentos
se resequen.