Fagor FFJ8845 User Manual
Page 54

g a l e g o
52
6
Medio ambiente
5
Seguridade
Este frigorífi co foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Este aparato funciona con refrixerante R600A, que
non deteriora o medio ambiente.
Respecta o medio ambiente.Utiliza as
temperaturas recomendadas para cada recinto
segundo a función que necesites para conseguir un
uso efi ciente do teu frigorífi co.
Desconecta o refrixerador ou activa a función
vacacións para períodos prolongados de tempo nos
que non vaias a facer uso do aparato. Reducira-lo
consumo e aforrarás enerxía.
Evita mantene-las portas abertas durante máis
tempo do necesario, xa que supón un aumento do
custo enerxético.
Xestión de residuos de aparatos eléctricos e
electrónicos.
O símbolo
indica que o aparato non se debe
eliminar utilizando os contedores tradicionais para
residuos domésticos.
Entrega o teu frigorífi co nun centro especial de
recollida.
O reciclado de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde e o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas autoridades
locais ou co establecemento onde adquiriche-lo
frigorífi co.
• Mantén despexadas as reixas de ventilación.
4.3 Corte de subministración eléctrica.
Ante un corte de subministración eléctrica
abre as portas do frigorífi co o menos posible.
Función aviso de corte de
subministración eléctrica: Avisa en caso de
que se producira un corte de subministración
eléctrica.
Para activar / desactivar: Pulsa
durante
5 segundos para acceder á confi guración
(4.3.1). A continuación, pulsa varias veces
ata que
escintile (4.3.2). Pulsa
para
activar (4.3.3) e sae do menú pulsando
durante 5 segundos (4.3.4).
Despois dun corte de subministración
eléctrica, na liña de texto aparecerá
“ANULAR AVISO DE CORTE”. Pulsa
para
desactivalo (4.3.5).
4.4 Sondas rotas.
Cando se detecta algunha soda rota, éntrase
nun modo de visualización especial:
Sonda do refrixerador rota: Visualizarás
escintilando
(4.4.1) .
Sonda do conxelador rota: Visualizarás
escintilando
(4.4.2) .
Sonda do recinto medio rota: Visualizarás
escintilando
(4.4.3) .
Sonda do evaporador rota: Visualizarás
escintilando
(4.4.4) .
Durante a visualización do modo Sondas
Rotas non se pode manipular ningunha das
opcións do frigorífi co.
4.5 Ruídos normais no frigorífi co
O teu frigorífi co pode emitir unha serie
de ruídos que son normais durante o
funcionamento e polos que non te debes
preocupar.
• O gas refrixerante pode producir un
burbulleo ó circular polos circuitos.
• O compresor pode producir zunidos e/ou
un lixeiro golpeteo, sobre todo, cando se
pon en marcha.
• As dilatacións ou contraccións dos
materiais utilizados poden producir estalos
ou ruxidos.
• O aire que move o ventilador do
conxelador pode xerar un pequeno ruído
de fondo.
Non manipúle-lo frigorífi co para intentar
reparalo. Chama ó servizo de asistencia
técnica, 902 105 010.
• Ten coidado de non dana-lo circuito de
refrixeración.
• Non utilíce-los aparatos eléctricos no interior
do frigorífi co, a non ser que sexan do tipo
recomendado polo fabricante.
• Non úse-los dispositivos mecánicos ou
outros medios distintos dos recomendados
polo fabricante para acelera-lo proceso de
desconxelación.
• Este aparato non está destinado ó uso por parte
de persoas (incluídos nenos) coas capacidades
físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou
que carezan de experiencia ou coñecemento,
salvo baixo supervisión ou despois de recibir
instruccións relativas ó uso do aparato dunha
persoa responsable da súa seguridade. Deberase
supervisar o uso por parte dos nenos para evitar
que xoguen co aparato.
• Se o cable de alimentación está danado, debe
ser sustituido polo fabricante ou polo seu servizo
postventa ou persoal similar cualifi cado co fi n de
evitar situacións perigosas.